Mantras
Os mantras son palabras, frases ou textos (xeralmente en sánscrito), que se recitan en voz alta ou ben de maneira interna, de forma rítmica e repetitiva para meditar e cun fin concreto. Teñen un efecto benéfico ao desconectar a mente do ciclo improdutivo e continuo de pensamento e acción, deixando a mente tranquila. Escoitemos un mantra para a curación de enfermidades.
Teyatha om bekanzé // bekanzé maha bekanzé // rantza samungate soha
Este mantra, Et ong Kar Satgur Prasad, elimina calquera obstáculo, ten efectos positivos que suceden rápido e duran moito tempo. Necesita ser cantado con reverencia nun lugar de reverencia. Este canto transforma os pensamentos negativos e transfórmaos en positivos.
Mantra protector e sanador en dificultades físicas, mentais ou circunstanciais.